
Una extraña puerta aparece en el sótano de una exposición de muebles. Incluye 16 min de metraje en una nueva versión extendida del director.

Nayeli, unha moza mexicana que traballa como empregada doméstica en Barcelona, enfróntase a unha serie de adversidades. Mentres loita por recuperar o control da súa vida, a súa determinación vaina enfrontar a unha sociedade que a xulga e limita. No seu camiño, encontrará a forza para transformarse.

No décimo aniversario da súa estrea, regresa á nosa pantalla o feitizo dun dos musicais máis importantes do cinema recente, cuns estelares Emma Stone e Ryan Gosling de protagonistas. Mia (Emma Stone) é unha das moitas aspirantes a actriz que viven en Los Angeles en busca do soño hollywoodense, gáñase a vida como camareira mentres se presenta a montóns de probas de cásting. Sebastian (Ryan Gosling) é un pianista que vive das actuacións de segunda que lle saen, e o seu soño é rexentar o seu propio clube onde render tributo ao jazz máis puro. Nunha competición constante por buscar un oco no mundo do espectáculo, a parella descubrirá que o equilibrio entre o amor e a arte pode ser o maior obstáculo de todos.

Mumbo Jumbo vive tranquilo coa súa nai nun pequeno val. Pero, un bo día, todo vira: por accidente Mumbo come un cogomelo máxico que o fai medrar de golpe… Tanto, que xa non pode durmir coa nai, xa que non cabe no cuarto! Por sorte, Frede e Mandril teñen a solución ao problema, aínda que o plan inclúe unha viaxe ata a remota Siberia e un encontro coa bruxa Baba Yaga. Os bos amigos de Mumbo —Tapir, Guepard e Mimbo— acompañarano na aventura; isto non vai resolver todos os problemas, pero polo menos estarán xuntos nesta viaxe tan arriscada. Non é doado ser pequeno, pero tampouco o é ser xigante! E máis se tes que enfrontarte a unha bruxa estraña e volver ao teu tamaño normal. Esta é unha viaxe intrépida que podería facer que Mumbo Jumbo volva ser pequeno por fóra, pero moito maior por dentro.