Planomato Logo
No te pierdas nada
📚Viños de España e Portugal
📚 Evento

Curso do Atlántico ao Mediterráneo: Viños da Península

📅 07 de mayo - 10 de junio

🕒20:00

📍 MUTA

Resumen

Un percorrido sensorial polos viños de España e Portugal.

Descripción

Este curso é unha viaxe en copa pola diversidade vinícola da Península Ibérica. A través de cinco sesións prácticas con cata guiada, explorarase como o clima, o territorio e as castes autóctonas definen a identidade dos viños nas distintas rexións: do frescor atlántico á intensidade mediterránea, pasando polos contrastes do interior continental e a singularidade dos viños fortificados do sur. Será impartido por Juanjo Figueroa Treus, sumiller profesional cunha ampla experiencia no eido da divulgación e da formación especializada en viño. Co seu estilo claro, rigoroso e próximo, consegue que cada sesión sexa amena, formativa e, sobre todo, pensada para gozar aprendendo. Datas: 7, 14 e 28 de maio; 4 e 10 de xuño. Horario: de 20:00 a 22:30 h. Inclúe cata en todas as sesións.

¡No te pierdas ningún plan!

Suscríbete para recibir los mejores planes de Vigo en tu correo.

Al enviar tu correo electrónico, aceptas nuestra Política de Privacidad