Conmemoración dos 50 anos do 25 de abril no Centro Cultural Camões Vigo.
O Camões – Centro Cultural Portugués en Vigo, en colaboración co Centro Artístico Cultural e Deportivo Adriano Correia, organiza as conmemoracións dos 50 anos de 25 de Abril, celebrando tamén os 80 anos do nacemento de Adriano Correia de Oliveira, unha das maiores figuras da música de intervención portuguesa. O evento terá inicio ás 19:00h coa lectura polo xornalista e profesor Rui Pereira do documento Os Varios 25 e o equívoco das lexitimidades, seguíndose un debate con António Mendanha, Sérgio Castro e Miro Couto. Para terminar, o público presente terá aínda oportunidade de disfrutar dun momento musical con Mira Couto, que interpretará varios temas dos cantantes de Abril.
Suscríbete para recibir los mejores planes de Vigo en tu correo.