Charla-coloquio 'O legado das cantareiras' con motivo do Día das Letras Galegas.
Con motivo do Día das Letras Galegas 2025, dedicado á poesía popular oral e ás cantareiras, o Club Faro de Vigo organiza unha charla-coloquio titulada 'O legado das cantareiras'. Contará coa participación de María Lado (escritora), Patricia S. Seoane (mestra de baile e música tradicional, pandereteira e bailadora) e Alba Faro (mestra de música tradicional e pandereteira). A presentación correrá a cargo de Anabel Montouto (webmaster de Faro de Vigo). O evento terá lugar no salón de actos do MARCO (C/ Príncipe, 54) e o acceso é preferente para suscriptores e libre ata completar o aforo de 150 persoas.
Suscríbete para recibir los mejores planes de Vigo en tu correo.