Planomato Logo
Sen Cantareiras Non Hai Foliada
🛠️ Evento

Sen Cantareiras Non Hai Foliada

📅 lunes, 12 de mayo de 2025 19:00

📍 Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Resumen

Obradoiro sobre as cantareiras galegas con Montse Rivera.

Descripción

Neste obradoiro achegarémonos ás cantareiras, aquelas mulleres que facían música para bailar neses momentos de ocio que tiñan: as foliadas, seráns, ruadas... Coñeceremos os ritmos que empregaban, as percusións das que botaban man, ademais da súa inseparable pandeireta e as letras por elas inventadas. Da man de Adolfina, Rosa, Eva, Manuela, Prudencia, Asunción e de moitas outras cantareiras anónimas, regresaremos a aqueles tempos nos que as mulleres eran as encargadas de traballar e sacar a familia adiante, pero tamén de facer máis levadeiro o día a día. Remataremos a actividade cantando tal como elas facían e, se hai ánimo, ata botando unha baila. Para 50 persoas de 14 a 99 anos. As persoas interesadas poden retirar a invitación dende 30 minutos antes do comezo da actividade.

¡No te pierdas ningún plan!

Suscríbete para recibir los mejores planes de Santiago De Compostela en tu correo.