Nerd Nite con charlas sobre Ricardo III, xeomorfoloxía costeira e o gas radón.
A primeira Nerd Nite do ano 2025 en Santiago de Compostela terá lugar o 6 de marzo na Nave de Vidán. Contará con tres charlas: Cristina Mourón Figueroa falará sobre Ricardo III ('Dun cabalo a unha praza de aparcamento: Ricardo III, o rei do parking'), Alejandro Gómez Pazo sobre o litoral ('Unha cantiga polar: cando o litoral recúa e non é pola lúa'), e Sylvana Varela Ballesta sobre o radón ('Radon: o gas ninja que se esconde no teu soto'). Un evento divulgativo que combina ciencia e ocio nun ambiente informal.
Suscríbete para recibir los mejores planes de Santiago De Compostela en tu correo.