Clausura do curso 2023-24 e despedida da promoción 2022 de Estalmat-Galicia.
O alumnado do programa de estímulo do talento matemático ESTALMAT-Galicia asistiu á sesión de clausura do curso 2023-24. A décimo quinta promoción (2022) de Estalmat-Galicia recibiu os seus diplomas. O evento tivo lugar na Aula Magna da Facultade de Matemáticas da USC, e foi presidido polo reitor da USC, Antonio López. Tamén participaron a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Xunta de Galicia, Judith Fernández Novo; a decana da Facultade de Matemáticas e presidenta de Estalmat-Galicia, Elena Vázquez Cendón; entre outros.
Suscríbete para recibir los mejores planes de Santiago De Compostela en tu correo.