
Obradoiro con motivo do Día das Letras Galegas 2025 que pon en valor o legado das mulleres homenaxeadas nas Letras Galegas.
Narración oral, música, obxectos e novas tecnoloxías para exaltar a herdanza de todas as mulleres homenaxeadas no Día das Letras Galegas ao longo do tempo. A Biblioteca de Galicia acolle o obradoiro Desde Rosalía ata as cantareiras, unha proposta multidisciplinar dirixida a nenos e nenas de entre 5 e 12 anos para exaltar a herdanza de todas as mulleres homenaxeadas no Día das Letras Galegas, desde Rosalía de Castro ata as Cantareiras, facendo especial fincapé nestas últimas e no Cancioneiro Popular. Esta proposta de A Xanela do Maxín pon en valor as mulleres que deixaron unha pegada inesquecible na literatura, na música e no teatro galegos, e que destacaron pola súa creatividade, compromiso e contribución á nosa cultura, co fin de achegar as súas historias aos máis pequenos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.
Cada semana elegimos 🏆 los 5 mejores 🏆 planes de Santiago De Compostela y te los enviamos. Solo un email semanal, sin spam.
Al enviar tu correo, aceptas nuestra Política de Privacidad
Fecha
domingo, 25 de mayo de 2025
12:00
Cada semana elegimos 🏆 los 5 mejores 🏆 planes de Santiago De Compostela y te los enviamos. Solo un email semanal, sin spam.
Al enviar tu correo, aceptas nuestra Política de Privacidad