Proxección do documental 'Lévame a idea' sobre as divulgadoras da música de tradición oral galega.
A área de Muller e Igualdade do Concello de Lugo súmase á celebración do Día das Letras Galegas coa proxección dun documental no Vello Cárcere sobre as divulgadoras da música de tradición oral galega. O documental, titulado 'Lévame a idea', reivindica, desde unha óptica feminista, o papel fundamental das mulleres na preservación da poesía, o canto e a cultura popular galega. Contén diferentes testemuñas, dende as mulleres que acompañaban co canto diversos momentos da súa vida cotiá ata as xeracións de pandeireteiras máis actuais, pasando por aquelas que tiveron a inquedanza de achegarse ás aldeas para recoller e aprender todo o que estivo a piques de perderse. Haberá dous pases, un para centros educativos pola mañá e outro para o público en xeral pola tarde.
Suscríbete para recibir los mejores planes de Lugo en tu correo.