Contacontos miúdos: “Con Tango son tres” en O Vello Cárcere de Lugo.
O 25 de abril celébrase o Día Mundial dos Pingüíns, polo que leremos o libro “Con Tango son tres” de Justin Richardson e Peter Parnell. Descubriremos a historia real de dous pingüíns macho do Zoo de Central Park que chocan un ovo que non foi posto por eles. Así, coñeceremos os novos modelos de familia que existen e o modo no que o amor dunha familia rompe calquera obstáculo que se presente. O tempo restante, os participantes poderán ler, debuxar ou xogar no Espazo de Lecer. Público: nados entre 2016 e 2021 inclusive. Aforo: 15 persoas. Recoméndase inscrición previa a partir do luns 14 de abril (inclusive).
Suscríbete para recibir los mejores planes de Lugo en tu correo.